Premios
Nesta edición concederanse nove premios a aqueles traballos mellor valorados atendendo a sua calidade, excelencia e orixinalidade.
Os premios que se entregarán, coas suas cátedras ou entidades financiadoras son:
- Premio Cátedra R: “Ao máis relevante no ámbito da seguridade, entendida ésta en sentido amplo, tanto ciberseguridade en tecnoloxías da información e as comunicacións como temáticas de seguridade aplicada a outros ámbitos”.
- Premio Cátedra Aldaba – WIB (Women, ICT & Business): “Ao máis relevante liderado como primeira autora unha muller”.
- Premio Cátedra NTT Data: “Ao máis relevante no ámbito da diversidade, economía social e promoción da igualdade”.
- Premio Cátedra CICAS Sngular: “Ao mellor traballo aliñado coas boas prácticas de Open Science, Open Data, Open Access e Open Source”.
- Premio ITG: “Ao traballo máis relevante con aplicación industrial”.
- Premio CPEIG: “Ao mellor traballo con primeiro autor estudante titulado en Enxeñería Informática”.
- Premio Clúster TIC: “Ao mellor póster”.
- Premio Clúster TIC: “Á mellor comunicación oral”.
- Premio Fundación CITIC: “Ao máis relevante en investigación básica ou teórica”.

Premio Cátedra R: “Ao máis relevante no ámbito da seguridade, entendida ésta en sentido amplo, tanto ciberseguridade en tecnoloxías da información e as comunicacións como temáticas de seguridade aplicada a outros ámbitos”.
Para: Marc Bernice Angoue Avele, Darian Pérez Adán (recolleu o premio) e Dariel Pereira Ruisánchez polo seu traballo “Eavesdropping and jamming via Pilot attacks in 5G Massive MIMO”.
Entrega: Alfredo Ramos, director de R.

Premio Cátedra Aldaba – WIB (Women, ICT & Business): “Ao máis relevante liderado como primeira autora unha muller”.
Para: Hilda Romero Velo, Susana Ladra, José R. Paramá e Fernando Silva Coira, polo seu traballo “Indexación y Recuperación de Partituras por Tarareo Basada en Características Extraídas”.
Entrega: Virginia Mato Abad, directora da Cátedra na UDC.

Premio Cátedra NTT Data: “Ao máis relevante no ámbito da diversidade, economía social e promoción da igualdade”.
Para: Lucía Mª Álvarez Crespo e Laura M. Castro polo seu traballo “Amosando ou lado escuro dás redes sociais: desenvolvemento do primeiro corpus en lingua galega para a detección de misoxinia en Twitter e Mastodon”.
Entrega: Marianne Blanco Martiño, directora en Sector Público NTT DATA.

Premio Cátedra CICAS Sngular: “Ao mellor traballo aliñado coas boas prácticas de Open Science, Open Data, Open Access e Open Source”.
Para: Eva Pardo, Iago Fernández, Santiago Fernández Noriega, María Martínez e Laura Nieto Riveiro polo seu traballo “Solución para la captura y visualización de datos de dispositivos wearable”.
Entrega: Laura Castro Souto, directora da Cátedra.

Premio ITG: “Ao traballo máis relevante con aplicación industrial”.
Para: Alberto Fernández Sánchez, Juan Ramón Rabuñal Dopico, Daniel Rivero Cebrián, Alejandro Celestino Pazos Sierra e Marcos Gestal polo seu traballo “Predicción de caudal de entrada en presas hidráulicas usando redes neuronales”.
Entrega: Gonzalo Blázquez Gil, Área de Tecnoloxías da Información.

Premio CPEIG: “Ao mellor traballo con primeiro autor estudiante titulado en Enxeñería Informática”.
Para: Francisco Prado Valiño, Roi Santos Ríos, Carlos Gómez Rodríguez e Jesús Vilares polo seu traballo “Prototipo de un sistema de reconocimiento de entidades para la gestión digital de la resistencia a antimicrobianos”.
Entrega: Pilar Vila Avendaño, vogal do CPEIG.

Premio Clúster TIC: “Ao mellor póster”
Para: Patricia Concheiro Moscoso, Betania Groba, María del Carmen Miranda Duro e Diego Álvarez Estévez polo seu traballo “Performance of Xiaomi Mi Band 5 against polysomnography in measuring sleep”.
Entrega: Alfredo Ramos, director de R.

Premio Clúster TIC: “Á mellor comunicación oral”
Para: Iago Fernández Garrido e Ángel Gómez polo seu traballo “Realidad Virtual para estimulación cognitiva de tercera edad y personas con discapacidad”.
Entrega: Alfredo Ramos, director de R.

Premio Fundación CITIC: “Ao máis relevante en investigación básica ou teórica”.
Para: Roberto Prado Rodríguez, Patricia González, Julio R. Banga e Ramón Doallo polo seu traballo “Self-adaptive cooperation scheme in a parallel ACO algorithm for binary combinatorial problems”.
Entrega: Salvador Naya, vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC, e Nereida Canosa, concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestructuras do Concello da Coruña.
